O Leite Río Breogán, en negro pola igualdade

Compartir con

O Leite Río Breogán, en negro pola igualdade

O club apoia a iniciativa «En Negro» contra a violencia de xénero

Xogadores e técnicos do Leite Río Breogán estiveron no Pazo de San Marcos, sé da Deputación de Lugo onde os alumnos da Escola de Audiovisuais TIC retrataron aos asistentes apoiando a campaña En Negro Contra a Violencia. Unha iniciativa que conta co apoio tanto do Concello de Lugo como da Deputación Provincial e no que participar amén numerosas entidades e concellos de Galicia.

Os capitáns do Leite Río Salva Arco e Christian Díaz, o director Xeral Tito Díaz e os adestradores Diego Epifanio, Javier Muñoz e Iago Castro, e o responsable de prensa Marcos Fernández, foron os representantes do club na iniciativa.

Esta actividade entra dentro do programa de patrocinio da Área de Deportes da  Deputación de Lugo co Breogán que contempla a colaboración e divulgación das actividades de diversos colectivos e iniciativas de interese social.

O Leite Río Breogán, en negro pola igualdade
O Leite Río Breogán, en negro pola igualdade

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información