O Leite Río Breogán impón o seu carácter e vence no derbi en Riazor (60-68)

Compartir con

Os celestes superaron a un gran rival nun partido duro e igualado

O Leite Río Breogán venceu ao Leyma Coruña no derbi aprazado da terceira xornada de LEB Oro. Partido igualado e no que os celestes se mantiveron durante moitos minutos por diante pero con vantaxes que non lle permitiron pechar o partido ata os segundos finais.

A intensidade defensiva e o carácter demostrado sobre o parqué coruñés fixo que a vitoria e o liderado do Grupo A viaxe a Lugo.

Destacou a actuación dos irmáns Quintela con 15 puntos e 5 asistencias de Erik e 12 puntos e 7 faltas recibidas de Sergi; Larsen (11 puntos e 8 rebotes) e Iván Cruz (10 puntos, 6 rebotes).

O Leite Río pensa xa no segundo derbi consecutivo. Será o sábado día 5 no Pazo ante o Ibereólica Renovables Ourense.

O Leite Río Breogán impón o seu carácter e vence no derbi en Riazor (60-68)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información