O Leite Río Breogán incorpora ao base arxentino Mateo Díaz

Compartir con

Foto FIBA
Foto FIBA

O xoven xogador, internacional nas categorías de formación con Arxentina, será a terceiro base celeste e terá ademais ficha de xogador vinculado con el Estudiantes de liga EBA

Mateo Díaz é un base de 18 anos e 1,86 m. con gran talento e en constante crecemento como xogador, procede do Central Entrerriano da liga Arxentina onde gañou protagonismo na última tempada. A pesar da súa mocidade e con só 17 anos disputou unha media de 21 minutos en 28 partido, nos que promedió 11 puntos e 3 asistencias por encontro.

Díaz é un habitual nos combinados nacionais con Arxentina en todas as categorías de formación, logrando, entre outros éxitos, un terceiro posto no Mundial 3x3 xogado en Mongolia, un subcampión Suramericano U17 en Chile, e logrando o campionato Arxentino U19 con Entre Ríos.

Mateo Díaz, que posúe a dobre nacionalidade arxentina e italiana, manifestou en entrevistas realizadas a medios do seu país o seu desexo de xogar en Europa, unha oportunidade que lle brinda o Leite Río Breogán.

O Leite Río Breogán incorpora ao base arxentino Mateo Díaz
Foto FIBA
Foto FIBA

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información