O Leite Río Breogán incorpora ao center Alex Olah

Compartir con

O Leite Río Breogán incorpora ao center Alex Olah

Alexandrau Olah, pívot nado en 1993, de 2,13 m., internacional con Romanía e con formación NCAA, procede da liga belga

O Leite Río xa ten o seu «cinco». Formado nos Northwestern Wildcats onde promediou na etapa NCAA 9,5 puntos, 5,4 rebotes, 1,5 tapóns e 1,5 asistencias por partido, Olah (Timisoara, Romanía, outubro de 1993) é internacional absoluto coa súa selección e xogou a pasada tempada no Kangoeroes Mechelen da primeira categoría belga, onde asinou 12,1 puntos e 6,8 rebotes en 38 partidos, cun acerto do 57,5% en tiros de campo en un 87,2% en tiros libres.

Olah é un pívot intimidador e de grande envergadura. Destacado reboteador, ten facilidade para anotar tanto preto do aro como en posicións máis afastadas. 

Chega ao Leite Río Breogán un center xoven, con proxección aos seus 25 anos, e xa con experiencia en Europa, onde xogou trala súa formación NCAA.

Benvido ao Leite Río Breogán

Traxectoria:

O Leite Río Breogán incorpora ao center Alex Olah
O Leite Río Breogán incorpora ao center Alex Olah
O Leite Río Breogán incorpora ao center Alex Olah

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información