O Leite Río Breogán – Marín dedicado á loita contra a violencia

Compartir con

O derbi terá o « NON» ante a desigualdade e violencia como lema

O sábado 23 de novembro ás 17:00 horas (En directo por La Liga Sports TV e TVG) o Leite Río Breogán recibe a visita do Marín Ence Peixegalego no que será o primeiro derbi galego da tempada no Pazo dos Deportes de Lugo.

O partido dedicarase á difusión da mensaxe de rexeitamento á desigualdade e violencia de xénero posto en marcha polas institucións.

A campaña « NON» promovida pola Xunta de Galicia terá especial presenza no duelo. A iniciativa foi presentada no Pazo polo director xeral do club, Tito Díaz, e o xefe territorial de deportes da Xunta en Lugo, Manolo Cadramón, que coincidiron na idea de que o deporte é un vehículo de primeira orde para divulgar os valores que deben levarnos a erradicar as secuelas sociais como son as relacionadas coa desigualdade e a violencia.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información