O Leite Río Breogán no Campus do Val de Lemos

Compartir con

O Leite Río Breogán no Campus do Val de Lemos

Massine Fall, Gabri Gómez e o técnico Iago Castro compartiron a mañá cos pequenos deportistas en Monforte

O Polideportivo de A Pinguela de Monforte de Lemos acolle o campus anual do club Val de Lemos que traballa o baloncesto de base na zona e o Leite Río Breogán non quixo faltar á cita.

Massine Fal, Gabri Gómez e Iago Castro compartiron boa parte dunha mañá cos asistentes que comezou cunha batería de preguntas sobre a vida do deportista. Os asistentes responderon a tódalas inquedanzas dos nenos e nenas e tamén charlaron cos técnicos e directivos do club. Despois chegou o momento do balón, de gozar compartindo pista cos membros do Breo que dirixiron e participaron en varios exercicios de adestramento.

Finalmente os rapaces recibiron un pequeno agasallo dos visitantes e puideron levar de recordo fotos, autógrafos e unha invitación a asistir a algún partido no Pazo dos Deportes.

Os membros do Breo tamén levaron una agasallo cunha selección dos produtos da zona da Ribeira Sacra entre os que non faltou o viño ou o mel, produtos que serán clave tamén para que a Ribeira Sacra sexa merecidamente recoñecida como Patrimonio da Humanidade moi pronto.

Grazas aos responsables do Val de Lemos, directivos e adestradores, e por suposto aos nenos e nenas polo recibimento.

Vémonos nas canchas!

O Leite Río Breogán no Campus do Val de Lemos
O Leite Río Breogán no Campus do Val de Lemos
O Leite Río Breogán no Campus do Val de Lemos
O Leite Río Breogán no Campus do Val de Lemos
O Leite Río Breogán no Campus do Val de Lemos

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información