O Leite Río Breogán prepara a cita contra o líder no Pazo

Compartir con

O equipo celeste recibe ao Carramimbre Valladolid o sábado ás 18:00 horas

Novo reto para o equipo de Diego Epifanio. O Carramimbre Valladolid, líder sólido da LEB Oro ata o momento, chega a Lugo o sábado.

O Leite Río Breogán prepara o partido con oito sesións de traballo previstas que inclúen dobre xornada de traballo  no Pazo o luns e o mércores.

O Partido do sábado terá, unha vez máis, e co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,  un marcado carácter solidario e estará dedicado á loita contra o cancro infantil. A Peña Breogán repartirá aplaudidores nas portas e solicitará as achegas voluntarias do público. O recadado irá a beneficio da Asociación Somos Unidos por el Cáncer.

O Leite Río Breogán prepara a cita contra o líder no Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información