O Leite Río Breogán súmase ao rosa con motivo do Día Mundial de loita contra o cancro de mama

Compartir con

O Leite Río Breogán súmase ao rosa con motivo do Día Mundial de loita contra o cancro de mama

O día 19 de outubro (20:00 horas) o equipo xogará ca equipación rosa en solidariedade coa causa

A Organización Mundial da Saúde marca a data do 19 de outubro como Día Mundial de loita contra o cancro de mama. A data promove a concienciación, o apoio á investigación e da visibilidade ás campañas que promoven que cada vez máis persoas (especialmente mulleres aínda que non é unha doenza exclusiva do sexo feminino) asistan a controis periódicos, diagnósticos e tratamentos precoces, vitais para atallar a doenza.

O CB Breogán non quere permanecer á marxe de campañas solidarias e de visibilidade e por tal motivo xogará no Pazo dos Deportes coa vestimenta rosa o sábado día 19 de aoutubro ás 20:00 horas.

Un xesto que quere trasmitir forza a todos os que loitan contra a enfermidade, tanto a quen a padece como a quen loita por atopar unha cura.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información