O Leite Río Breogán vence con claridade a un loitador Peixegalego (72-56)

Compartir con

O Leite Río Breogán vence con claridade a un loitador Peixegalego (72-56)

O equipo celeste superou ao Marín con actuación destacada de Olah e Salva Arco

Pouco durou a igualdade no derbi tras un inicio no que o equipo visitante equilibraba forzas e mesmo se poñía por diante no inicio do segundo cuarto (18-20). O Leite Río controlaría o partido desde ese momento e chegaron á gozar de vantaxes superiores aos 20 puntos tras un gran parcial antes do descanso ao que se chegaba co marcador de 47-25 (29-8 no segundo cuarto).

O Peixegalego tirou de raza no terceiro cuarto e logrou paralizar durante uns minutos ao equipo celeste o que permitiría aos visitantes entrar no partido (57-44 ao final do terceiro período). Pero os celestes axustaron a defensa e nun último cuarto con moitos fallos por parte dos dous equipos lograron sentenciar o partido e sumar unha nova vitoria no Pazo (72-56)

Alex Olah con 20 puntos, 9 rebotes e 4 tapóns (28 de valoración) foi o home do partido, ben acompañado de Salva Arco que asinou 18 puntos e 4 rebotes (4/7 en triplos).

Gavrilovic achegou 7 puntos 6 rebotes e 2 recuperacións e Soluade 7 rebotes e 4 asistencias.

O equipo celeste non puido contar con Dago Pena que sofre unha escordadura de nocello que se produciu no último adestramento da semana antes do partido. Diego Epifanio premiou aos vinculados Álex Rivas e Titas Janusevicius cuns segundos de debut en liga.

O Leite Río suma así o seu sexto triunfo e pensa xa na visita do venres 29 de novembro á pista do ZTE Real Canoe.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información