O Leite Río Breogán vence con contundencia no primeiro derbi de Copa Galicia

Compartir con

O equipo celeste superou ao Ibereólica Ourense no Pazo (81-54)

Tras unha primeira parte igualada (18-15 e 15-17), o equipo de Diego Epifanio mostrouse superior na segunda metade onde subiu a intensidade defensiva para minar a resistencia ourensá (23-12 no terceiro período e 25-10 no definitivo).

Iván Cruz con 20 puntos e 10 rebotes foi o máis valorado do partido (31v.), seguido dun gran Sollazzo que achegou 18 puntos. David Navarro e Joan Tomas foron os mellores do COB con 11 puntos cada un.

O Leite Río Breogán vence con contundencia no primeiro derbi de Copa Galicia
O Leite Río Breogán vence con contundencia no primeiro derbi de Copa Galicia

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información