O Leite Río Breogán vence en Foz (99-80)

Compartir con

Os celestes superaron ao Liberbank Oviedo no amigable que honrou os 40 anos do Celtas de Foz

Excelente ambiente en Foz para ver o amigable entre Breo e Oviedo, dous equipos que se enfrontarán pronto en competición oficial na LEB Oro.

O Leite Río dominou o partido sabendo frear os intentos de remontada dos asturianos, entre os que destacou o lucense Devin Wright con 12 puntos e 7 rebotes.

Sobre o parqué de Marzán puidéronse ver os primeiros minutos de Alex Olah coa camiseta breoganista nos que achegou 7 puntos e 3 rebotes. Tamén xogou os primeiros minutos nesta pretempada Salva Arco, xa recuperado da súa posta a punto.

Polo cadro lucense destacou a actuación de Thomas de Thaey, o mellor do partido con 20 puntos, 7 rebotes, 4 balóns recuperados, 2 tapóns e unha asistencia.

O equipo celeste, que non contou con Ahonene por lesión, Soluade por unas molestias físicas e Dago Peña que segue no Mundial de China, continúa coa preparación e xogará un torneo en Portugal a vindeira fin de semana.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información