INFORMACIÓN ABONOS 2018/2019

Compartir con

Pódense facer online as 24 horas ou en oficinas de 10 a 14 e de 17 a 19:45 horas de luns a venres.

INFORMACIÓN ABONOS 2018/2019

⇒ PINCHA AQUÍ PARA FACER O TEU ABONO --

 

Unha vez finalizados os prazos preferentes para aboados e familiares, están xa dispoñibles os abonos para novos socios.

Para darse de alta tanto de xeito presencial como online é preciso presentar toda a documentación necesaria que identifique ao abonado: DNI, enderezo actual, data nacemento, correo electrónico, teléfono móbil... En caso de pertencer a colectivos como o de desempregado ou xubilado maior de 65, ou facer abonos familiares con dereito a desconto (matrimonio ou parella de feito e fillos menores de 25 anos) será preciso presentar documentos que acrediten as condicións (libro de familia ou certificado oficial, tarxeta de búsqueda activa de emprego inscrito anteriormente ao 5 de maio de 2018, credencial de atoparse xubilado...).

En caso de facer a alta online o sistema requirirá axuntar os documentos en (PDF/PNG/JPG).  A alta aceptarase unha vez comprobado que os documentos son correctos e lexibles, o aboado poderá recoller as tarxetas de socio en oficina a partir de 7 días trala alta. En caso de faltar algún documento podería requirirse para a correcta aplicación dos descontos.

Para axilizar a atención en oficinas é importante que os interesados porten tódalas documentación no momento da alta.

 

Os métodos de pago son mediante tarxeta si se fai online, e ao contado, mediante tarxeta ou con IBAN se se fai de xeito presencial.

Os novos aboados poderán fraccionar o pago en tres prazos (excepto co IBAN que será mediante un único pago) sempre que aporten un mínimo dun 10% do total en calquera deles e complete o 100% no último pago para que se active o abono.

Para as persoas que elixan pago fraccionado será preciso que completen o pago ao 100% antes do primeiro partido de liga para que o seu abono dea acceso ao Pazo dos Deportes.

As cantidades aportadas en pagos fraccionados non serán devoltas salvo causas xustificadas a tenor do criterio do Club.

 

Na modalidade de pago presencial nas oficinas do Club requerirase, en todo caso, a presentación dos resgardos dos pagos efectuados con anterioridade, de ser o caso.

 

CONDICIÓNS XERAIS

 Para a tempada 2018/2019 tódalas localidades serán numeradas, incluídos os fondos, polo que os prezos que aparecen no gráfico de gradas corresponden ao prezo final dos abonos individuais.

 

CATEGORÍAS

BABY BREO: de 0 a 4 anos á data de alta. Prezo único 10€ (Non da dereito a asento, para elo o interesado debe darse de alta como aboado infantil).

INFANTIL: de 5 a 17 anos (incluídos) á data de alta.

ESTUDANTE: de 18 a 24 anos (Incluídos) á data de alta.

SENIOR: de 25 a 64 anos (incluídos) á data de alta.

DESEMPREGADO: en categoría sénior aportando documentación acreditativa de procura activa de emprego con inscrición anterior ao 5 de maio de 2018.

XUBILADO MAIOR DE 65 ANOS: persoas con 65 anos cumpridos á data de alta no abono e que acrediten situación legal de xubilación.

DESCONTOS

CÓNXUXE (Matrimonio ou parella de feito acreditados con, mínimo, un dos dous membros en categoría senior): 55€ sobre o abono.

1º e 2º FILLO (Válidos para menores de 25 anos á data de alta), acreditado con libro de familia ou certificado oficial: 25€.

3º FILLO E SUCESIVOS (Válidos para menores e 25 anos á data de alta): 50€.

 

 ABONOS: EMISIÓN DE TARXETA E VALIDEZ

Serán válidas as tarxetas de abono dos socios da pasada campaña. Os aboados que renoven a súa localidade contarán cunha reactivación automática online da súa tarxeta para o acceso aos partidos da tempada 2018/2019, non tendo que acudir así á oficina do Club por facerse todo o trámite online.

Os novoa aboados que fagan a alta online, unha vez validada a alta e, no seu caso, os documentos requeridos, poderán pasar a recoller as súas tarxetas nun prazo posterior aos 7 días trala confirmación, presentando DNI ou documento oficial que o identifique.

O abono da tempada 2018/2019 será válido para acceder aos partidos de liga regular da tempada conforme ao calendario a definir pola propia Liga, excepto para dúas citas declaradas DÍA DO CLUB que serán de pago para tódolos asistentes a elección do Club. Neste sentido o Club resérvase o dereito a elixir o importe a pagar polo afeccionado e os encontros en cuestión, comunicándoo en todo caso coa antelación suficiente.

Nos días do Club manterase, en todo caso, o dereito ao acceso ao parking superior lateral Campus para os abonados posuidores da tarxeta acreditativa segundo as condición xa expostas.

 

--------------

Tódolos prezos relacionados tanto nas presentes condicións coma na website do Club inclúen o IVE preceptivo segundo a normativa vixente.

O usuario será o único responsable de facilitar os datos reais para levar a cabo os trámites de pago expostos nas presentes condicións así como calquer outro dato relacionado nas mesmas. Os erros derivados polo mal funcionamento dos terceiros prestadores de servicios (de pagamento) nalgunha das modalidades aquí descritas serán responsabilidade destes últimos, eximindo ao Club da mesma.

Tódolos datos recollidos serán tratados acorde á Política de Privacidade do Club e á Nota Legal.

Mediante a publicación no DOGA, o 2 de xaneiro de 2018, da LEI 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, coñecemos unha nova regulación autonómica que concerne ao Club como organizador dos partidos da nova tempada así como ao usuario abonado espectador. Neste sentido, sabendo que a dita norma entra en vigor o próximo 2 de xullo do presente ano, o Club convida ao usuario abonado a ler a dita nova normativa tendo en conta que no artigo 21 da mesma faise referencia aos dereitos e obrigas daquel.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información