Á venda 50 entradas máis para o San Pablo Burgos – Cafés Candelas para aboados

Compartir con

Esgotadas as 130 primeiras so nunhas horas, as directivas acordaron o envío de 50 máis

Hoxe xoves ata as 15:00 e dende as 16:00 ata as 20 horas en oficinas poderanse retirar as entradas extra enviadas polo San Pablo Burgos, a quen agradecemos as facilidades para que se deprace un número maior de afeccionados celestes.

Os dous clubs pactaron un lote de entradas para cada un dos partidos que disputen os dous equipos en Liga Endesa na presente tempada cun prezo fixado de 19€ sénior, 12€ para estudantes ata 25 anos e maiores de 65, e 9€ para nenos entre 5 e 17 anos.

As entradas serán para aboados do Breogán.

Estas entradas son para unha zona reservada a afección visitante en Burgos, e os interesados tamén poderán mercar as súas na web oficial do club burgalés.

O horario de atención nas oficinas é de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, se ben hoxe xoves ampríase ata as 15:00 horas pola mañá e dende as 16:00 pola tarde. Venderanse un máximo de 5 entradas por carné presentado e cada persoa poderá presentar un máximo de 2 carnés de abono.

Á venda 50 entradas máis para o San Pablo Burgos – Cafés Candelas para aboados
Á venda 50 entradas máis para o San Pablo Burgos – Cafés Candelas para aboados

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información