O Partido do venres dedicarase a ALUCEM

Compartir con

O derbi servirá para coñecer mellor a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple 

A iniciativa foi presentada con presenza da presidenta de ALUCEM, Rachel Feliciano, o deputado Pablo Rivera e o presidente do CB Breogán, Jesús Lázare.

Voluntarios de ALUCEM repartirán información sobre as actividades da asociación e sobre as doenzas relacionadas coa esclerose durante o partido ante Coruña, no Pazo dos Deportes.

O Partido do venres dedicarase a ALUCEM

Esta entidade sen ánimo de lucro traballa a través de talleres e cursos para mellorar a calidade de vida dos enfermos. Ademais contan con servizo de rehabilitación, traballo social e terapia ocupacional, así como asesoramento ás familias

Pablo Rivera  “en Galicia unhas 3.000 persoas sofren esclerose múltiple, unha enfermidade que afecta máis ás mulleres e empeza a manifestarse ao redor dos 25 anos. A nosa comunidade é a que sofre unha maior incidencia no país”

O organismo provincial colabora coa Asociación Lucense de Esclerose Múltiple mediante unha axuda anual de 10.200 euros para levar a cabo un programa de atención integral aos afectados por esta enfermidade na provincia.

A presidenta de ALUCEM, Rachel Feliciano, agradeceu a Deputación e Breogán a súa implicación coa entidade e destacou o paralelismo cos deportistas, xa que as persoas que se unen nunha asociación para traballar loitando contra unha doenza, fano ao igual que os equipos na procura dun obxectivo común. Rachel Feliciano dixo que o lema «Renderse non é unha opción» encaixa tan ben para os deportistas como para os que dedican os esforzos en loitar contra unha doenza.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Presidenta da Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM), Rachel Feliciano, e o Presidente do CB Breogán, Jesús Lázare Rincón, presentou este luns unha nova campaña de concienciación social, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

Rivera Capón subliñou que “o vindeiro encontro do CB Breogán estará dedicado a visibilizar a labor social de ALUCEM. En Galicia unhas 3.000 persoas sofren esclerose múltiple, das que máis de 400 son da provincia de Lugo, unha enfermidade que afecta máis as mulleres e empeza a manifestarse ao redor dos 25 anos. Dáse a circunstancia de que no noso país, a comunidade galega é a que conta coa maior incidencia desta enfermidade debido ás características do clima”.

Durante o encontro deste venres 24, que terá lugar ás 20:45 horas e que enfrontará ao CB Breogán e o Leyma Coruña, repartirase información entre os asistentes sobre a labor social que realiza ALUCEM na provincia de Lugo e ofrecerase a posibilidade de facerse socio da asociación. Esta entidade sen ánimo de lucro traballa a través de  talleres e cursos para mellorar a calidade de vida dos enfermos. Ademais contan con servizo de rehabilitación, traballo social e terapia ocupacional, así como servizo de información, orientación e asesoramento ás familias.

Outras colaboracións con ALUCEM

A Deputación colabora coa Asociación Lucense de Esclerose Múltiple mediante unha axuda anual de 10.200 euros para levar a cabo un programa de atención integral aos afectados por esta doenza. A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica do Sistema Nervioso Central que afecta a máis de 40.000 persoas en España.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información