O Pazo erguerá as mans en rosa contra o cancro no derbi galego

Compartir con

Repartiranse luvas rosa para que a agrada se solidarice coas persoas que loitan co cancro e cos que investigan para derrotalo

En colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, e a Deputación de Lugo, a cita do Pazo na que o Cafés Candelas Breogán e o Monbús Obradoiro devolverán a Galicia o derbi na máxima categoría do baloncesto español, será un escenario perfecto para amosar a luva rosa nun xesto simbólico contra a doenza.

O rosa unirá ás dúas afeccións no Pazo. O speaker pedirá nun dos primeiros tempos mortos do partido que a xente poña a luva que se repartirá no Pazo e ergan a man para amosar a súa solidariedade como un xeito de apoio ás persoas que loitan por superar a enfermidade e polos que buscan unha cura, independentemente das cores deportivas que defendan.

O Pazo erguerá as mans en rosa contra o cancro no derbi galego
O Pazo erguerá as mans en rosa contra o cancro no derbi galego

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información