O Pazo quere máis! Aberta a venda de abonos de segunda volta!

Únete nesta segunda volta que promete ser inesquecible!

A venda farase en horario de  10 A 14 HORAS E 17 a 20 horas nas oficina do Club no Pazo Provincial dos Deportes e ata esgotar existencias.

Zonas e prezos:

Estadio B y Campus B : Senior 90 Euros; Maior de 65 anos e desempregado, 65 Euros, Estudantes de (18 a 24 anos) 60 Euros, Infantil (5 a 17 anos)  45  euros

Estadio C: : Senior 95  Euros; maior de 65 anos e desempregado 70 Euros, Estudantes de (18 a 24 anos) 70 Euros, Infantil (5 a 17 anos)  45 euros

Para darse de alta tanto só de xeito presencial é preciso presentar toda a documentación necesaria que identifique ao abonado: DNI, enderezo actual, data nacemento, correo electrónico, teléfono móbil... En caso de pertencer a colectivos como o de desempregado ou xubilado maior de 65, será preciso presentar documentos que acrediten as condicións (tarxeta de busca activa de emprego inscrito anteriormente ao 5 de outubro de 2018, credencial de atoparse xubilado...).

Para axilizar a atención en oficinas é importante que os interesados porten tódalas documentación no momento da alta.

Os métodos de pago  ao  contado, ou con tarxeta

CONDICIÓNS XERAIS

Para a tempada 2018/2019 tódalas localidades son numeradas, incluídos os fondos.

CATEGORÍAS

BABY BREO: de 0 a 4 anos á data de alta. Prezo único 10€ (Non da dereito a asento, para elo o interesado debe darse de alta como aboado infantil).

INFANTIL: de 5 a 17 anos (incluídos) á data de alta.

ESTUDANTE: de 18 a 24 anos (Incluídos) á data de alta.

SENIOR: de 25 a 64 anos (incluídos) á data de alta.

DESEMPREGADO: en categoría sénior aportando documentación acreditativa de procura activa de emprego con inscrición anterior ao 5 de outubro de 2018.

XUBILADO MAIOR DE 65 ANOS: persoas con 65 anos cumpridos á data de alta no abono e que acrediten situación legal de xubilación.

DESCONTOS

Non hai descontos adicionais  sobre os prezos da actual oferta. 

 ABONOS: EMISIÓN DE TARXETA E VALIDEZ

O abono da tempada 2018/2019 será válido para acceder aos partidos de liga regular  dende o día 26 de xaneiro  2019 conforme ao calendario a definida pola propia Liga, excepto do encontro contra o FC Barcelona,  DÍA DO CLUB, que serán de pago para os aboados una cantidade adicional para poder presencialo  devandito encontro.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información