O Pazo súmase ao reto solidario co Banco de Alimentos

Compartir con

O Pazo súmase ao reto solidario co Banco de Alimentos

O sábado no partido ante Andorra recollerase en portas a achega dos afeccionados

Xa é tradición que o Breogán colabore coa asociación de accionistas Nove Ondas e a Deputación de Lugo, máis os voluntarios as diferentes peñas celestes na anual recollida de alimentos para axudar a que o Banco de Alimentos siga coa súa impagable labor.

Centos de familias teñen un día a día un pouco menos difícil grazas a poder abastecerse de produtos básicos recollidos polo Banco de Alimentos e grazas á solidariedade e particulares e empresas.

O sábado 22 dende a apertura de portas para o Cafés Candelas Breogán – Morabanc Andorra (o partido comezará ás 20:30 e as portas abren unha hora antes) haberá voluntarios recibindo o que os lucenses e visitantes poidan aportar.

O Banco de Alimentos lembra da importancia de que os produtos sexan non perecedoiros, preferentemente aqueles qe teñan un aproveitamento óptimo para familias como son paquetes de arroz, pasta, legumes etc.

Un pequeno xesto pode facer a vida máis doada a quen o necesita.

Na presentación da campaña estiveron representados o Banco de Alimentos coa súa presidenta Amadora Núñez e persoal voluntario, a Deputación de Lugo cos deputados Sonsoles López e Pablo Rivera, o Director Deportivo do Breogán Quique Fraga e os xogadores Yankuba Sima e Hervé Kabasele, e o presidente de Nove Ondas Alberte López.

Os asistentes coñeceron o almacén onde se recolle, clasifica e reparte periodicamente o alimento e autor produtos de necesidade nun traballo incansable por parte dos voluntarios do centro.

Esta actividade entra dentro do programa de patrocinio da Deputación de Lugo co Breogán que contempla a colaboración e divulgación das actividades de diversos colectivos de interese social.

O Pazo súmase ao reto solidario co Banco de Alimentos
O Pazo súmase ao reto solidario co Banco de Alimentos
O Pazo súmase ao reto solidario co Banco de Alimentos

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información