O Pazo terá 1500 espectadores no Río Breogán – Palma

Compartir con

A Xunta aceptou o protocolo enviado polo club e amplíase considerablemente o aforo

O domingo día 2 de maio ás 12:00 horas o Río Breogán recibe a visita do Palmer Alma Mediterránea e serán 1.500 os seareiros que poderán acceder ao Pazo dos Deportes.

Como ben se sabe o club acaba de recibir a autorización por parte da Xunta para ampliar o seu aforo a 1.500 persoas a repartir entre as gradas Miño, Lugo, Fondo Campus e Fondo Estadio, onde se garante a distancia de seguridade nas catro direccións. Para isto será preciso que entre cada aboado existan dúas cadeiras libres aos lados, e unha diante e outra detrás de cada un, independentemente de que sexan ou non convivintes. Como case a totalidade de aboados do Breogán da presente tempada sitúanse nas gradas Lugo e Miño, haberá maior utilización dos fondos.

Para o vindeiro partido o club establece o seguinte:

Debido á distribución do aforo polas medidas de seguridade, establécese unha porcentaxe de ocupación segura, seguindo os criterios de Sanidade, de cada unha das zonas de grada do Pazo dos Deportes.  Os aboados que por orde (segundo o sorteo establecido ante notario) teñen dereito a mercar a súa entrada, están sendo contactados mediante SMS. Estes abonados contactados  poderán retirar a entrada facendo a copra da mesma na web cbbreogan.com ata o venres 30 ás 12:00 horas.

Dado que, nalgún dos sectores, o número de abonados supera ao número máximo admitido segundo o protocolo, os aboados deses sectores non contactados para este partido mediante SMS terán a opción de mercar entrada a prezo reducido, en gradas de fondo, ata completar o aforo máximo permitido, onde seguindo o protocolo establecido por Sanidade, existen ubicacións libres nas que se garante a distancia de seguridade. Esta opción abrirase á venda o venres 30 ás 13:00 horas.

Chegado o caso, aquelas entradas que queden sen vender aos aboados, sairían á venta aberta a público xeral desde o sábado día 1 ás 14:00 horas na web oficial(15€ maiores de 18 anos e 10€ menores de idade).

Esta ampliación de aforo foi aceptado pola Xunta de Galicia tralo envío da documentación con plan de seguridade enviado polo club días atrás no que se expón de xeito detallado as características do Pazo, accesos, medidas de seguridade e tódalas condicións que fan da instalación un espazo seguro para os asistentes.

Mantense a obriga de utilización de máscara, o control de temperatura, hixiene de mans e calzado nas entradas, a prohibición de erguerse durante o partido, de comer e beber, e o uso restrinxido dos baños.


Resumo:

VENDA A ABOADOS CONTACTADOS POR SMS: Ata o venres 30 ás 12:00 horas.

VENDA A PREZO REDUCIDO A  ABOADOS NON CONTACTADOS PARA ASENTOS DE FONDOS DISPOÑIBLES: Desde venres 30 ás 13:00 horas ata o sábado día 1 ás 13:00 horas.

VENDA DE LOCALIDADES NON SOCIOS (No seu caso): Desde sábado día 1 14:00 horas.

Rogamos aos aboados anticipen a compra, na medida do posible, para facilitar o proceso. 

O Pazo terá 1500 espectadores no Río Breogán – Palma

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información