Moderado optimismo ante a situación tralo comunicado FEB

A Federación asegura cinguirse ás bases de competición que contemplan dous ascensos

A Federación Española publicou un comunicado a última hora da tarde do martes no que mantén o compromiso co pactado nas bases de competición que contemplan os dous ascensos. Esta postura é a que defende, de xeito firme,o CB Breogán que durante os últimos días manifestou a decisión de defender os intereses do club por tódolos medios, si se visen prexudicados. Así o reiteraba o presidente, Jesús Lázare durante a rolda de prensa de presentación de Ricardo Úriz e Christian Díaz, e ante as preguntas dos  xornalistas. Horas despois, a FEB na súa web oficial,publicaba un comunicado na mesma liña, recibido no club con moderado optimismo.O Consello de Administración permanece en contacto con tódalas partes para facer seguimento da situación e tomar as medidas precisas en cada momento.

COMUNICADO FEB

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información