O Río Breogán - Andorra dedicarase a dar visibilidade á labor da asociación Down Lugo

Compartir con

O Río Breogán e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo  colaboran na iniciativa

O Río Breogán dedicará o encontro do vindeiro domingo ante Morabanc Andorra a visibilizar a labor da asociación Down Lugo. A iniciativa presentouse no Pazo de San Marcos nun acto no que participaron o deputado de Deportes, Efrén Castro, a presidenta de Down Lugo, María José Blanco, e o director xeral do CB Breogán, Tito Díaz.

Coincidindo co encontro, persoas socias da entidade lucense darán a coñecer a súa labor, centrada en actividades dirixidas a mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down e das súas familias a través da inclusión plena e efectiva na sociedade, ademais de vender participacións de lotería de Nadal.  

Desde o CB Breogán, reforzarase a visibilización da asociación a través de distintos contidos nas redes sociais e, nos vindeiros días, concretarase unha visita de xogadores do club ás actividades que realizan.

María José Blanco agradeceu a colaboración do CB Breogán e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo nesta iniciativa. Pola súa banda, Efrén Castro e Tito Díaz coincidiron en sinalar a satisfacción de colaborar con este tipo de accións sociais.

A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.

O Río Breogán - Andorra dedicarase a dar visibilidade á labor da asociación Down Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información