Un adestramento de portas abertas ao que acudiron ducias de seareiros serviu para despedir o 2022 coa afección. A última sesión de traballo do ano foi seguida por moitas familias que quixeron achegarse ao Fogar Do Breogán a ver o equipo en acción. Trala sesión, xogadores e técnicos dedicaron tempo a asinar autógrafos e facer fotos cos asistentes.
Grazas a todos e feliz ano novo!!






