O Río Breogán incorpora ao pivote internacional lituano Matynas Sajus

Compartir con

Trátase dun xogador de 2,08 m e 27 anos con experiencia en Europa e en Liga Endesa

O Río Breogán chegou a un acordo co pivote lituano Martynas Sajus para a tempada 2023/24.

Formado no Zalgiris Kaunas, xogou tamén en Polonia, en Liga Endesa na campaña 2020/21 con Manresa, na primeira liga alemá e en Turquía.

Na campaña 2021/22 promedió 11,5 puntos, 5,4 rebotes e 2 asistencias, finalizando como cuarto mellor reboteador da Bundesliga Alemá nas filas do Medi Bayreuth.

A pasada tempada formou parte do Büyükçekmece Basketbol turco asinando 10, 5 puntos, 5,4 rebotes, 2,6 asistencias e 1 tapón por partido.

Trátase dun pivote moi intenso, bo pasador e reboteador, con bo físico e gran capacidade para xerar xogo no poste baixo.

Actualmente está concentrado coa preselección lituana que está a preparar o mundial.

O Río Breogán incorpora ao pivote internacional lituano Matynas Sajus

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información