Xogadores do equipo celeste visitan centros escolares da provincia de Lugo
Unha charla sobre a vida do deportista, os hábitos saudables como a boa alimentación, o descanso e a importancia de compatibilizar o estudo co deporte, leva a xogadores do Río Breogán aos centros educativos da provincia, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Justus Hollatz y Nemanja Nenadic visitaron o instituto Xoan Montes de Lugo, onde ademais de responder multitude de cuestións dos alumnos , tiveron tempo para realizar fotos e asinar autógrafos de recordo para o centro, que preparou unha gran benvida.
Grazas polo recibimento!

