O Río Breogán poderá contar coa forza de toda a afección na grada

Compartir con

Confírmase a ampliación do aforo ata o 80% o que posibilita o acceso de tódolos aboados

Trala decisión do Consello Interterritorial reunido o día de onte, e a publicación recente no dia de hoxe do Diario Oficial de Galicia, o CB Breogán habilita un aforo do 80% no Pazo dos Deportes desde o partido do domingo entre o Río Breogán e Coosur Betis. Esta ampliación garante a posibilidade de que tódolos abonados que ten o Río Breogán a día de hoxe poderán asistir ao Pazo e ocupar a súa localidade orixinal, sempre cumprindo cos protocolos que inclúen o uso permanente de mascarilla e a imposibilidade de comer ou beber dentro da instalación. Ademais manterase o control de temperatura e medidas de hixiene en accesos.

Tódolos abonados da tempada 2021/22 que aínda non recibiron a comunicación, recibirán un SMS co seu código de acceso que incluirá a información sobre a súa localidade.

PODES COMPROBAR A TÚA LOCALIDADE 

Usa o número de abonado como usuario (o que recibiches no SMS ou no mail) e o número de teléfono asociado como contrasinal. AQUÍ

 

O club ampliará a información nas vindeiras horas.

O Río Breogán poderá contar coa forza de toda a afección na grada

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información