O Río Breogán - Real Madrid dará visibilidade ao traballo de Raiolas

Compartir con

O Breogán e a Vicepresidencia da Deputación e o dedican o partido do sábado a sensibilizar sobre a realidade as persoas con autismo

O CB Breogán dedicará  o partido do sábado ante o Real  Madrid (19.00 horas) á difundir a labor de Raiolas e sensibilizar sobre a realidade das persoas con autismo.

As redes sociais do club e os soportes publicitarios do Pazo dos Deportes darán eco durante a fin de semana a campaña “Chamémoslle polo seu nome” que pretende trasladar á sociedade “unha imaxe real das persoas con autismo ou transtornos da comunicación social, centrada nas súas capacidades e dereitos”, explicou a presidenta de Raiolas Inés Flores na presentación da campaña, xunto a Efrén Castro, deputado de Deportes, e Tito Díaz, director xeral do CB Breogán..

A campaña, que emprega como imaxe o símbolo do infinito, incide tamén en proxectar o autismo como unha condición de orixe neurobiolóxico que afecta á configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral de diferentes formas, segundo as persoas. Raiolas presta servizos de forma directa a 72 persoas e conta con 137 socios e socias.

A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.

O Río Breogán - Real Madrid dará visibilidade ao traballo de Raiolas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información