O Río Breogán – Real Madrid será Día do Club

Compartir con

O patrocinador Río de Galicia doará ao Banco de Alimentos o equivalente en leite ao importe de taquilla

O Río Breogán recibe ao Real Madrid o domingo 17 ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes.

Os abonados teñen prezos reducidos para asistir ao encontro. Os importes para abonados da tempada 2021/22 serán: 14€ para os de categoría senior, 10€ para os de categoría estudante e categoría veterano, e 8 € para categoría infantil (Entre 5 e 17 anos). (Os babybreo, entre 0 e 4 anos, que non posúen carné infantil, non teñen asento asignado).

Os prezos para os non abonados serán de 30€ para os maiores de 18 anos e 20€ para os menores de 18 anos.

A taquilla online atópase habilitada para público xeral e abonados.

ABONADOS: poderán comprar a súa entrada a prezo reducido identificándose co número de abono e número de teléfono asociado ao mesmo (en app.breogan.es). 

NON ABONADOS: Entrada a prezo xeral AQUÍ

Ademais, o club compensará aos abonados que, debido exclusivamente ás restricións de aforo e non asistiron ao primeiro partido por quedar fóra da repartición de localidades no sorteo realizado ante notario, e poderán retirar a entrada sen custo (Identificándose en app.breogan.es)

O club agradece a aqueles abonados que non poidan asistir ao partido, que o comuniquen expresamente a través de sistema habilitado en app.breogan.es o que permitirá ao club axustar a venda e repartición de localidades dunha maneira máis pormenorizada debido á limitación de aforo.

O Río Breogán – Real Madrid será Día do Club

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información