O Río Breogán visitou o penal de Monterroso

Compartir con

Membros do club ofreceron unha charla aos reclusos

En continuación á colaboración coa asociación Aliad Ultreia, á que o club dedicou un partido para poñer en valor o seu labor, e co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, os xogadores Sergi García e Sergi Quintela, o adestrador Veljko Mrsic e o director xeral Tito Díaz, visitaron o centro penal onde ofreceron unha charla aos reclusos na que responderon múltiples cuestións sobre a vida dos deportista, acompañados pola coordinadora das actividades "Aula Aberta" de Aliad Utreia.

Aliad Ultreia é unha asociación de Lugo que traballa na mellora das condicións de vida das persoas con problemas de adicción, persoas recluídas ou ex-recluídas e mulleres vítimas das diferentes formas de violencia de xénero -entre elas a prostitución- e as súas fillas e fillos.

Desde un enfoque interdisciplinar, traballan tanto no acompañamento integral á persoa como na trasformación de contextos e na promoción do cambio social.

O Río Breogán visitou o penal de Monterroso
O Río Breogán visitou o penal de Monterroso

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información