O sábado, nova cita co Cafés Candelas no Pazo (18:15 horas)

Compartir con

O equipo celeste recibe ao Unión Financiera Oviedo o sábado ás 18:15 horas en encontro correspondente á sétima xornada de LEB Oro. Duro compromiso no que o equipo lucense tratará de esquecer as dúas derrotas consecutivas sufridas ante Lleida e Huesca. Precisamente, o próximo rival chega a Lugo tras derrotar a Força Lleida, último invicto da categoría ata a pasada xornada.

O sábado, nova cita co Cafés Candelas no Pazo (18:15 horas)

O partido xogarase unha hora antes do habitual por coincidencia co Porta XI Ensino.

As entradas para o partido Terán os presos habituais de 15€ para sénior, 10€ para estudante ata 25 anos e persoas maiores de 65, e 5€ para menores de18 anos.

No descanso do encontro haberá un novo acto homenaxe con motivo dos 50 anos do club. Nesta ocasión haberá un recoñecemento a un grupo de xogadores que representan aos primeiros anos de vida do club dende a súa fundación a ta a primeira participación  na máxima categoría.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información