Hoxe luns á venda as entradas do derbi con preferencia para aboados

Hoxe luns 22 ás 18:00 horas abrirase, tanto de xeito online en cbbreogan.com, como presencial, as entradas cun periodo de preferencia para aboados

O derbi entre o Cafés Candelas Breogán e o Monbús Obradoiro xogarase no Pazo dos Deportes de Lugo o sábado 27 ás 18:00 horas.

Os aboados do CB Breogán poderán acceder presentado o seu abono de tempada e, ademais, terán preferencia para mercar entradas para o derbi para a persoa que desexen. Cada aboado poderá mercar unha entrada como máximo dentro do prazo de preferencia.

Este prazo finalizará o martes ás 20:00 horas e, de quedar entradas á venda, estarán dispoñibles para o público en xeral.

Hoxe luns á venda as entradas do derbi con preferencia para aboados
Hoxe luns á venda as entradas do derbi con preferencia para aboados

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información