O xogador Mateo Sánchez causa baixa a efectos de licenza federativa no CB Breogán

Compartir con

O club comunicou a decisión motivado poilo número de licenzas

Ante a recuperación dos lesionados  Dago Pena, José  Nogués, e esta semana Salva Arco, máis a confirmación da continuidade de  Gavrilovic, o equipo queda formada por trece xogadores. Dado que a Normas de Competición permiten unicamente ter activas doce licenzas, o club procedeu a comunicar á Federación Española de Baloncesto a baixa federativa de Mateo Sánchez, que desta forma sae da convocatoria para os partidos de liga. O xoven xogador lucense seguirá formando parte do equipo e sendo un dos xogadores cos que Diego Epifanio conta para o traballo diario, aínda que nin o club nin os representantes do xogador descartan a posibilidade de que siga a súa formación cedido noutro equipo.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información