Olah, Nurger e Ahonen, convocados polas súas selección nacionais

Compartir con

Os tres xogadores do Leite Río Breogán estarán na ventá FIBA de Febreiro

Tres xogadores do Leite Río Breogán, Alex Olah,  Rauno Nurger e Roope Ahonen recibiron a convocatoria por parte das súas federacións nacionais -Romanía, Estonia e Finlandia respectivamente- para formar parte das seleccións absolutas durante o mes de febreiro. As tresseleccións compiten para clasificarse para o Eurobasket FIBA de 2021.

As dúas primeiras convocatorias recibidas polo club foron as de Olah e Nurger.

Alex Olah xogará dous partidos os días 20 de febreiro contra a selección Española na cidade romanesa de Cluj-Napoca , e o día 24 visitará Israel onde xogará ante o combinado hebreo.

Rauno Nurger xogará tamén dous partidos co seu equipo nacional e serán os días 20 e 23 ante Macedonia e Italia respectivamente.

A terceira convocatoria recibida foi a do exterior Roope Ahonen. O finlandés está convocado para participar na concentración da súa selección que xogará dous partidos: O día 20 ante Serbia e o 23 ante Suiza.

A competición LEB fai un parón con motivo da ventá FIBA. O Leite Río xogará o día 15 de febreiro en Lugo ante Valladolid e o seguinte partido o día 28 en Cáceres, polo que se todo vai segundo o previsto o Leite Río poderá contar cos tres xogadores para os partido de liga.

Olah, Nurger e Ahonen, convocados polas súas selección nacionais

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información