Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día

Compartir con

Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día

Os dous xogadores e o técnico do Leite Río Breogán visitaron o CEIP Paradai de Lugo

Excelente recibimento no centro escolar lucense de Paradai. Os pequenos e profesores contaron coa visita de Javier Muñoz, Alex Olah e Sergi Quintela que exerceron de mestres por un día falando aos pequenos dos seus hábitos como deportistas, a alimentación, o descanso, a disciplina, os estudos e as súas orixes no mundo do deporte profesional, entre moitos outros temas. Os alumnos realizaron decenas de preguntas nun centro no que a convivencia de alumnos de diversas procedencias xerou un ambiente de colaboración espectacular no que durante unha mañá falouse en castelán, galego, inglés e romanés. Precisamente foi o pivote do Breogán Alex Olah o que abriu unha quenda na súa lingua materna, sabendo que moitos dos alumnos presentes ían entender a súa mensaxe dada a procedencia común. As caras de sorpresa dos nenos, moitos dos cales descoñecían a orixe de Alexandrou, foi espectacular e foron moitos os que se ofreceron a traducir aos seus compañeiros as palabras do pivote.

Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día

A visita xerou un espectacular ambiente de colaboración en varias linguas que mostrou a vontade de convivencia dos máis pequenos.

Tras as preguntas e a charla chegou a quenda das fotos e autógrafos e a invitación, por parte dos deportistas, a que todos os presentes asistan a un partido no Pazo dos Deportes.

Desde o CB Breogán agradecemos ao persoal e alumnado de CEIP Paradai o recibimento.

A actividade enmárcase dentro do programa de promoción do deporte e hábitos saudables entre os escolares e colectivos de Lugo que conta co impulso da Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo.

Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día
Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día
Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día
Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día
Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día
Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día
Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día
Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día
Olah, Quintela e Muñoz, mestres por un día

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información