Os accionistas do CB Breogán SAD elixen novo Consello de Administración
José Antonio Caneda é o novo presidente dun Consello con cinco membros
Novo equipo directivo no CB Breogán. Os accionistas apoiaron a investidura dos conselleiros José Antonio Caneda, Narciso Fernández Iturrospe, Alfonso Orol, Carmen Lence e José Antonio Díaz López.
Na Xunta o presidente saínte, Jesús Lázare desexou o mellor ao novo consello e ofreceu a súa colaboración para todo o que fose preciso. Lázare agradeceu o apoio do breoganismo, dos compañeiros de consello dos últimos anos, patrocinadores, institucións e empregados do club, tanto da parcela deportiva como administrativa.
Tras finalizar a asemblea o novo consello realizou a súa primeira sesión na que se produciu o reparto de funcións que quedan do seguinte xeito:
Presidente José Antonio Caneda Goyanes
Vicepresidente: Narciso Fernández Iturrospe
Secretario: Alfonso Orol Castro
Vogal: Carmen Lence Ferreiro
Vogal: José Antonio Díaz López
Comeza unha nova etapa no club na que Tito Díaz será o enlace entre o Consello de Admisnitracion e a estrutura do club coas funcións executivas na director xeral que xa viña desempeñando nos últimos meses.
Unha nova etapa na que o club seguirá traballando para medrar tanto social como deportivamente.