Os accionistas do CB Breogán SAD respaldan a xestión do Consello de Administración

Compartir con

Celebrouse a Xuta Xeral Ordinaria en primeira convocatoria

Con algo máis do 25% do accionariado presente ou representado na sala, celebrouse a Xunta de Accionistas do CB Breogán SAD na que se someteron a votación temas como as contas da pasada campaña, o orzamento da presente, que ascende a 2.775.000 €, e a continuidade dos conselleiros que remataban período no consello segundo os estatutos, como foi o caso de Jesús Lázare e Eduardo Valín.

Tralas exposicións dos conselleiros que detallaron as contas do club, e as votación que aprobaron a xestión sen votos en contra, pasouse a unha ampla rolda de preguntas na que se abordaron diversos temas de actualidade e inquedanzas do accionariado que foron respondidas polos membros do consello.

Os accionistas do CB Breogán SAD respaldan a xestión do Consello de Administración
Os accionistas do CB Breogán SAD respaldan a xestión do Consello de Administración

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información