Os clubs LEB Oro e a FEB emprázanse a unha nova reunión o día 23

Compartir con

Os representantes de Federación e clubs debateron de novo sobre o futuro da competición

Tras unha nova reunión telemática, volveron expoñer as diferentes posturas ante a crise da COVID19. O Breogán estivo representado polo seu director xeral Tito Díaz.

Un grupo de clubs, entre os que se atopa o CB Breogán, pediron mediante un escrito a reformulación do cuestionario enviado pola FEB ao considerar que non contemplaba todos os escenarios posibles e as súas consecuencias. A FEB enviará un novo documento para debater nos próximos días.

Tendo en conta que queda por disputar un terzo de liga regular, que determinaría unha praza de ascenso ao final da mesma, e o correspondente play off e F4, que decidirían outra das prazas, o consello de admisnitración do CB Breogán defende unha postura clara que se resume na reaunudación da competición sempre que se cumpran uns condicionantes: que se garantan as medidas sanitarias, que por normativa atópense habilitadas as instalacións deportivas necesarias, que se permitan os desprazamentos de equipos, e que a finalización sexa sempre antes do 15 de xuño de 2020. Ademais, en caso de poderse disputar, os clubs deberán ter a confirmación como moi tarde o día 15 de maio, para ter a marxe suficiente para preparar o regreso ao traballo nas mellores condicións.

 

Os clubs LEB Oro e a FEB emprázanse a unha nova reunión o día 23

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información