Martes 19, último día para renovar as localidades numeradas da pasada campaña

Ata o 19 ás 20 horas para os que renoven asento, e os prazos posteriores

Avanza a campaña de abonos do Cafés Candelas Breogán para a tempada 2017/2018.

PRIMEIRA FASE

Ata o martes día 19 de setembro ás 20:00 horas, tanto en oficinas como online en cbbreogan.com, Terán preferencia aqueles aboados que queiran renovar a localidade con asento do pasado curso.

SEGUNDA FASE

Dende o mércores 20 de setembro pola mañá e ata o luns 25 ás 20:00 horas, xa cos asentos non renovados na fase inicial liberados, segundo prazo con preferencia para os aboados da pasada tempada.

Lembramos que na campaña 2017/2018 tódalas localidades laterais (Miño e Lugo) irán obrigatoriamente con asento vencellado ao abono.

TERCEIRA FASE

Dende o martes 26 de setembro, aberto a todo o público en xeral.

Lembramos que é importante acudir coa documentación precisa para axiilizar as altas: DNI, libro de familia par descontos de unidade familiar, tarxeta de demanda activa de emprego actualizada no seu caso, etc.

Existe a posibilidade de pagar en efectivo, tarxeta ou mediante domiciliación bancaria aportando o IBAN.

MÁIS INFORMACIÓN

DÚBIDAS E PREGUNTAS  FRECUENTES

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información