O Río Breogán de Minicopa Endesa xa coñece o calendario

Compartir con

Sergi Quintela visitou un dos adestramentos do combinado do Breo na Minicopa
Sergi Quintela visitou un dos adestramentos do combinado do Breo na Minicopa

Doce xogadores seleccionados de entre máis de medio cento, procedentes de clubs de toda a provincia de Lugo, forman o combinado do Breo na Fase Previa da MiniCopa

Podería ser calquera dos máis de 50 rapaces, que chegaron desde clubs de toda a provincia de Lugo e que participaron no adestramento de selección, os que sairan na imaxe. Pero os técnicos do Río Breogán tiveron que quedar con 12 que é o que marca o regulamento. Non foi doado para os adestradores dada a calidade, motivación e ilusión que amosaron os participantes, e que da unha mostra do ben que se está a traballar nos clubs de base da provincia.

Adestran como equipo desde hai unhas semanas e serán os encargados de defender a camiseta do Río Breogán en L´Alqueria de Valencia os días 6 a 8 de decembro nunha emocionante fase previa para buscar unha praza na fase final que se celebrará en Granada coincidido coas datas da Copa do Rei.

Non será doado polo enorme nivel que exhiben os equipos filiais de ACB, pero o equipo celeste loitará para chegar lonxe nesta fermosa competición.

Unha vez sorteados os grupos, o Río Breogán encádrase no Grupo A xunto a Valencia Basket, Fundación 5+11 Baskonia e UCAM Murcia Redexis.

Toda a sorte para os rapaces da provincia de Lugo nesta nova aventura que nos trae o baloncesto.

O Río Breogán de Minicopa Endesa xa coñece o calendario
O Río Breogán de Minicopa Endesa xa coñece o calendario
O Río Breogán de Minicopa Endesa xa coñece o calendario
O Río Breogán de Minicopa Endesa xa coñece o calendario

L’ Alqueria do Basket (Valencia) acollerá entre o 6 e o 8 de decembro a Fase Previa da Minicopa Endesa, na que 16 equipos infantís pugnarán por unirse a Barça e Real Madrid na Fase Final que se disputará durante a Copa do Rei de Granada.

L’ Alqueria do Basket, o centro deportivo que alberga a toda a canteira do Valencia Basket, acollerá a fase previa da próxima Minicopa Endesa entre o 6 e o 8 de decembro. Alí dezaseis equipos infantís -en representación dos clubs da liga Endesa- competirán por conseguir unha das seis prazas na fase final do torneo que se disputará en febreiro en Granada con motivo da Copa do Rey. Para esta cita definitiva están xa clasificados o Barça, como último campión, e o Real Madrid, como subcampión, como así indica a normativa no caso de que a Copa non teña equipo anfitrión.

Os equipos participantes nesta fase previa foron distribuídos en catro grupos de catro conxuntos que xogarán en formato de liga regular a unha volta (3 xornadas). As seis prazas en liza para a fase final outorgaranse da seguinte maneira:

- O líder de cada grupo clasificarase directamente unha vez concluída a fase regular.

- As dúas prazas restantes decidiranse nas eliminatorias directas que disputarán os segundos clasificados o mércores 8 de decembro: 2º Grupo A contra 2º Grupo B e 2º Grupo C contra 2º Grupo D.

Esta será a sexta edición que contará cunha fase previa. Este formato utilizouse por primeira vez na tempada 2015-16 nunha edición que se celebrou en Zaragoza. A segunda disputouse entre Fuenlabrada e Madrid, mentres que L’ Alqueria do Basket acolleu as tres seguintes. Valencia vivirá este ano a súa cuarta fase previa da competición.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información