O que foi técnico axudante nas dúas últimas tempadas comunicou a súa intención de afrontar outros retos profesionais
O CB Breogán avanza na confección do equipo e da parcela técnica e, tras confirmar a chegada de Diego Epifanio como primeiro adestrador e a continuidade de Javier Muñoz como axudante, o club amosou interese na continuidade de Abuín nas labores que desenvolveu os dous últimos cursos.
O técnico agradeceu a oportunidade e comunicou a súa intención de explorar outras facetas profesionais.
Dende o CB Breogán agradécese a Pablo a súa profesionalidade, traballo e implicación no club no que foron dous anos históricos para a entidade celeste, e deséxalle o mellor no seu futuro persoal e todo o éxito profesional, que non lle faltará coñecendo a súa ampla formación e capacidade de traballo e compromiso.
Grazas Pablo!
#UnDosNosos