Paco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario

O home que máis partidos dirixiu ao Breo neste medio século, que liderou o último ascenso e que forma parte da nosa historia, recibirá o cariño do Pazo no partido ante Cáceres.

Paco García volve ao Pazo con motivo do 50 aniversario

En medio século de historia do Breogán é longa a lista de nomes que conforman a memoria colectiva dunha afección. Nesa lista hai nomes que destacan por múltiples motivos: número de partidos, o que foron capaces de facer na cancha, nos depachos, na grada… e nesa longa listaxe, o nome de Paco García ten un lugar especial.

Copa Príncipe 2008
Copa Príncipe 2008

Dúas etapas á fronte do equipo celeste, capaz de ascender alá polo 99, rematando a tempada como campión da LEB, con traxectoria na ACB na que houbo vitorias épicas ante os grandes,  cunha segunda etapa en Lugo na que levou ao equipo a conquistar unha Copa Príncipe, a loitar polo  ascenso na lembrada Final Four de Cáceres –na casa do equipo  que precisamente nos visita esta xornada-...Paco vencella o seu nome coa nosa historia dun xeito especial e apreciado polo breoganismo e por Lugo.

O Breo tras proclamarse campión de liga no ano do ascenso
O Breo tras proclamarse campión de liga no ano do ascenso
Momento de celebración do ascenso en maio do 99. Foto El Progreso
Momento de celebración do ascenso en maio do 99. Foto El Progreso

A súa vinculación coa cidade –non oculta que Lugo é como  unha segunda casa para él e a súa familia- o seu carácter e carisma, e o que deu ao breoganismo, colocan a Paco entre os nomes destacados da historia recente do Breogán.

Paco estará  en Lugo, no Pazo no que tantas horas de traballo, alegrías e tristuras viviu, e nesta ocasión non o fará nin como adestrador local nin como rival. Farao como todas estas persoas que merecen un recoñecemento por asinar liñas da nosa xa longa historia. Paco estará no parqué do Universitario como #UndosNosos.

Dende o club agradecemos a Paco que buscara unha data para poder estar no Pazo, xa que cumpre co seu compromiso porfesional co club no que faio que lle leva apaoxoando durante toda a vida: dirixir dende o banco e traballar en equipo. 

No resto da tempada haberá recoñecementos a máis persoas vencelladas coa nosa historia. Algunhas delas tamén pendentes de pechar data polos compromisos profesionáis ou persoais.

Grazas!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información