Paco Nieto viaxará aos inicios do Breo nun «coloquio sonoro»

O xornalista “pinchará” os sons deportivos, informativos, publicitarios e sociais das primeiras décadas celestes

Paco Nieto viaxará aos inicios do Breo nun «coloquio sonoro»

Unha oportunidade para a lembranza dos nostálxicos e para a aprendizaxe dos máis novos. Paco Nieto, acompañado por Paco Basanta, serviranse de ducias de pezas sonoras que farán ao asitente voltar aos anos 60 ou 70 grazas á maxia da radio.

Será o vindeiro mércores día 21 de xuño ás 19:30 horas na Sala de Exposicións da Deputación Provincial de Lugo.

Un «Coloquio sonoro» dunha «época prodixiosa».

A entrada será libre.

Esta actividade enmárcase no programa de acción social e promoción dos valores do deporte que conta co patrocinio da Área de Deportes da Deputación de Lugo. e a colaboración da Rede Museística Provincial.

Paco Nieto viaxará aos inicios do Breo nun «coloquio sonoro»

Esta actividade enmárcase no programa de acción social e promoción dos valores do deporte que conta co patrocinio da Área de Deportes da Deputación de Lugo.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información