Paco Olmos, adestrador do Río Breogán

Compartir con

O técnico valenciano dirixirá o banco celeste no seu regreso a Liga Endesa

Francisco Olmos Hernández (Valencia 10 de xullo de 1970) regresa ao baloncesto español tras unha exitosa etapa en México e Puerto Rico.

Formado no baloncesto da súa cidade natal, Olmos dirixiu equipos de formación na canteira do Valencia Básquet sendo adestrador axudante do primeiro equipo a mediados dos anos 90. Tras adestrar a diversos conxuntos en varias categorías nacionais (Calpe, Inca, Huelva, Los Barrios), Paco Olmos regresou a Valencia para facerse cargo do primeiro equipo taronja na tempada 2002/03 logrando a súa primeira ULEB Cup e o subcampeonato de liga ACB.

Na súa segunda tempada á fronte do banco laranxa sitúa ao equipo valenciano no TOP 16 de Euroliga e chega a cuartos de final do play off polo título de ACB.

Tras a súa saída de Valencia, adestra en Calpe e Melilla. No conxunto norteafricano traballa tres tempadas alcanzando unha final de Copa Príncipe e a final polo ascenso a ACB. Coincide alí co técnico lucense Javier Muñoz, con quen volverá a contar como axudante.

Na tempada 2009/10 logra o ascenso a ACB co Vive Menorca tras proclamarse campión de LEB, equipo ao que dirixe tamén na máxima categoría..

Tras outra breve etapa no Valencia Básquet, participando en Liga Endesa e Eurocup, Paco Olmos inicia a súa carreira lonxe de España. Puerto Rico e México serán os seus destinos onde cultiva diversos éxitos e convértese tamén en seleccionador nacional. Co combinado nacional de Puerto Rico logra o bronce no Torneo das Américas en 2013 e a prata no Centrobasket de 2014.

Desde 2016 dirixiu ao conxunto mexicano Fuerza Regia, logrando o campionato nacional de liga en tres do últimas catro tempadas nas que estivo á fronte do banco.

TRAXECTORIA

Categorías inferiores. Pamesa Valencia.

1994-95. Pamesa Valencia. ACB. Adestrador axudante de Manu Moreno.

1995-97. Pamesa Valencia. Categorías inferiores.

1997-99. CB Calpe. EBA.

1999-00. Ciutat d'Inca. LEB.

2000-01. Ciudad de Huelva. LEB.

2001-02. Villa de Los Barrios. LEB.

2002-04. Valencia Basket Club. ACB, Copa del Rey e Euroliga.

2005-06. CB Calpe. LEB.

2006-09. Club Melilla Baloncesto. LEB.

2009-11. Menorca Bàsquet. LEB Oro e ACB.

2011-12. Valencia Basket Club. Liga Endesa e Eurocup. 

2013-15. Cangrejeros de Santurce.

2013-14. Selección de baloncesto de Puerto Rico.

2015-16. Atenienses de Manatí.

2015-16. Jefes Fuerza Lagunera.

2016. Vaqueros de Bayamón.

2016-Act. Fuerza Regia de Monterrey.

Palmarés

1997-98. Calpe. EBA. Ascenso a LEB

2002-03. Pamesa Valencia. ACB. Subcampión

2002-03. Pamesa Valencia. ULEB Cup. Campión

2008-09. Melilla Baloncesto. Copa Príncipe. Subcampión

2009-10. ViveMenorca. LEB Oro. Campión del Playoff e ascenso

2009-10. ViveMenorca. Copa Príncipe. Subcampión

2013. Puerto Rico. Torneo de las Américas, en Caracas (Venezuela). Bronce

2014. Puerto Rico. Centrobasket, en Nayarit (México). Prata

2016-17. Fuerza Regia de Monterrey. LNBP. Campión

2018-19. Fuerza Regia de Monterrey. LNBP. Campión

2020. Fuerza Regia de Monterrey. LNBP. Campión

Paco Olmos, adestrador do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información