Participa no 3x3 e concurso de triplas da Fanzone con Decathlon e o Breo!

Compartir con

Participa no 3x3 e concurso de triplas da Fanzone con Decathlon e o Breo!

Este sábado , día grande no Pazo, queremos que participes nas actividades da Fanzone

Coa colaboración de Decathlon Lugo, no entorno do Pazo (en carpa,no parking superior, si chove) celebrarase un 3x3 de básquet para nenos ata 12 anos e un concurso de triplas para tódalas idades, con agasallos para tódolos participantes.

ÁS 17:00 horas comezará o prazo para apuntarse - no propio lugar do evento- ao 3x3 e estará aberto ás 17:45. Ollo porque os primeiros participantes entrarán a xogar a iso das 17:15 neste pequeno campionato de básquet express.  Unha hora de partidiños para os nenos que levarán vales desconto en Decathlon e outros agasallos do Breo e do patrocinador.

Para tódalas idades será o concurso de triplas. A puntería levará premio tamén. Podes apuntarte dende as 18:00 horas e particpar dende as 18:15 ata as 19:00 aproximadamente. Antes de pensar xa en entrar ao Pazo.

As portas do Pazo abriránao público ás 19:15 horas.

Contamos contigo!

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información