Partido grande no Pazo

Compartir con

Partido grande no Pazo

O Leite Río Breogán recibe a Delteco GBC o domingo ás 12:00 horas

Duelo de recentemente descendidos no Pazo dos Deportes de Lugo. Unha mañá de domingo na que o Leite Río Buscará recuperar a confianza ante o seu público. Duro rival o donostiarra, que conta cun dos grandes planteis da liga, marcha en quinta posición na táboa e chega ao Pazo tras caer na súa casa ante o Palma, outro dos grandes favoritos.

No equipo vasco milita Míkel Úriz, vello coñecido da afección lucense.

O Leite Río contará coa novidade de Strahinja “Luís” Gavrilovic, última incorporación do equipo celeste que chega para cubrir a baixa por lesión de José Nogués. A semana non foi tranquila para o Breogán que non puido contar con Thomas de Thaey nas sesións preparatorias. O xogador belga tense molestias nun ombreiro causadas por un mal xesto nun lance do xogo durante e último partido. A súa participación no partido é dubidosa e dependerá das súas sensacións antes do duelo.

Dago Peña atópase recuperado dunha leve escordadura de nocello do que aínda está, tamén, convalecente o xogador vinculado Pepe García que tampouco puido completar as habituais sesións de traballo co primeiro equipo.

O partido será emitido en directo por La Liga Sports TV e a empresa patrocinadora Cafés Candelas repartirá, á saída do Pazo, café no seu formato Brick& Break para todos os asistentes ao partido.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información