Pechando o prazo de fichaxes no día de mañá, o CB BREOGÁN non efectuará máis incorporacións ao equipo

Compartir con

Comunicado sobre o plantel do CB Breogán

As lesións de longa duración que desgraciadamente padeceron varios xogadores do primeiro equipo obrigaron ao Club a realizar un esforzo económico importante buscándolles substitutos. Chegaron ata tres xogadores novos ao longo da tempada:  Gavrilovic, Powell e finalmente Elijah Brown. Xogadores importantes con números e experiencia acreditada en ligas europeas de nivel igual ou superior á Leb Oro, o que supuxo un gasto engadido non previsto no orzamento inicial.

É por iso que, tendo en conta que o Breogán é un Club que quere seguir cumprindo fielmente con todos os seus compromisos, e que o que ofrece o mercado de xogadores, dada a actual dispoñibilidade económica, non cumpre as expectativas deportivas requiridas, de común acordo o club e o corpo técnico decidiron non realizar máis incorporacións.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información