Pesar polo falecemento de Ramón Estévez, figura clave na historia celeste

Compartir con

Presidente dende 1988 a 1993, unha etapa na que o club deu pasos históricos a nivel deportivo e institucional

Ramón Estévez foi un presidente que deixa fonda pegada na historia do CB Breogán. Baixo o seu mandato abordáronse de xeito exitoso retos como a conversión do club en SAD, imprescindible para asentarse na ACB, e chegaron patrocinios como o histórico DYC que axudaron a que o club competira a bo nivel na máxima categoría. Tamén foi clave a súa xestión para implicar ás institucións na construción do Pazo dos Deportes, actual sede do club.

Estévez recibiu unha homenaxe por parte do club no ano 2017, coincidindo coa celebración do medio século de historia breoganista á que é contribuíu de xento destacado.

Dende o club, Consello de Administración, empregados, xogadores e corpo técnico, queren expresar o seu pesar e facerlle chegar a familia e achegados o seu pésame e ánimo neste difícil momento.

 

Pesar polo falecemento de Ramón Estévez, figura clave na historia celeste
Foto: El Progreso
Foto: El Progreso

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información