Posponse a xira deportiva do equipo por Asia

A falta de concretar alternativas deportivas o CB Breogán mantén as vías comerciais abertas

No día de hoxe o club recibiu a notificación de que, por motivos burocráticos comunicados dende o país asiático, a viaxe prevista para unha xira deportiva e comercial por China programada para o vindeiro mes de xuño, queda adiada polo momento para o equipo.

A falta de concretar alternativas deportivas, en calquera caso o CB Breogán mantén as vías comerciais abertas, e as condicións económicas pactadas coa empresa intermediaria.

Durante os vindeiros días ofrecerase unha rolda de prensa na que se darán detalles sobre este cambio de plans e avanzaranse datos sobre a campaña de aboados 2018/2019.

Posponse a xira deportiva do equipo por Asia

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información