Powell e Gavrilovic, no concesionario Hyundai Ditramotor

Compartir con

Powell e Gavrilovic, no concesionario Hyundai Ditramotor

Os xogadores compareceron ante os medios e ambos destacaron a súa sintonía co equipo e a acollida do club, equipo e afección desde o primeiro minuto en terras lucenses

A primeira comparecencia ante os medios das dúas últimas incorporacións do Leite Río celebrouse nas instalacións da empresa patrocinadora Hyundai  Ditramotor, a marca cuxos vehículos posúen os xogadores e técnicos do Breogán para o seu uso diario.

Coa axuda na tradución do adestrador axudante Javi Muñoz, ambos os xogadores contestaron as preguntas dos medios que se interesaron pola súa adaptación tras as súas primeiras semanas en Lugo. Tanto Powell como Gravrilovic destacaron a atención do club desde a súa chegada e a sensación de formar parte de algo importante pola ambición do equipo de estar o máis alto posible na clasificación cun gran respaldo social detrás.

No acto o responsable de márketing do Grupo  Ditram, Alfonso Pérez, anunciou que desde as cantas oficiais da empresa en redes sociais lanzarase unha iniciativa para que os afeccionados do Breogán que participen poidan elixir o xogador da xornada e levar unha chaqueta exclusiva edición especial para o Breogán. Unha iniciativa que tivo unha gran acollida nas pasadas tempadas e que Grupo  Ditram mantén do mesmo xeito que o seu apoio como unha das principais empresas patrocinadoras do Breogán.

Powell e Gavrilovic, no concesionario Hyundai Ditramotor
Powell e Gavrilovic, no concesionario Hyundai Ditramotor
Powell e Gavrilovic, no concesionario Hyundai Ditramotor
Powell e Gavrilovic, no concesionario Hyundai Ditramotor

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información