Preguntas frecuentes sobre a campaña de abonos

Compartir con

Tratamos de dar resposta ás dúbidas dos afeccionados ante a nova campaña. 

NESTES INTRES (ata o 19 de setembro 20 horas) PRAZO PREFERENTE PARA RENOVAR LOCALIDADES CON ASENTO DA PASADA TEMPADA

RESPOSTA: Efectivamente o aboado ten preferencia xa que bloquéanse unhas 2.800 localidades pensadas para as renovacións de abonos. A estas localidades non terán acceso inicialmente os novos aboados durante un prazo de tempo. Dende o inicio as altas novas so poderán ser para os fondos ou as "esquinas" que nunca rexistaron reservas por parte de aboados (estes son os asentos non bloqueados polo sistema, que manterá 2.800 para os seus aboados da pasada tempada).

RESPUESTA: Sí é válido como documento acreditativo.

RESPOSTA: Si, hay acordo como nas pasadas tempadas con descontos para mos colexiados. Os interesados deben poñerse en contacto co Colexio Oficial.

RESPOSTA: A partir do día 20 os asentos que non foron ocupados por aboados que tiñan a posibilidade de engadir (da unidade familiar) ou mudar localidades (quexa tiñan asento da pasada tempada), quedarán liberados para o resto de aboados da pasada tempada. 

RESPOSTA: Efectivamente será así o procedemento. Pero para testar a aplicación, de primeiras puxéronse en 8 zonas unha serie de asentos libres a dispor dos novos aboados. Evidentemente as ocalidades máis solicitadas estarán bloqueadas con preferencia para aboados.

O primeiro prazo (dende o día 11 ata o 19) está destinado aos aboados da pasada tempada con localidade reservada que confirmen as súas localidades (poden facelo online) e/ou engadan localidades para aboados da unidade familiar (parella ou fillos menores). (Unha consulta habitual está a ser a de pais con localidades reservadas da pasada tempada con un ou dous fillos sen asento e sen ubicacións dispoñibles ao seu carón. Nestes casos o usuario deberá: ou ben liberar as súas localidades e desprazarse para adquirir catro xuntas, ou ben mantelas e adquirir unhas para os fillos noutra ubicación). Esta xestión farase presencialmente en oficina.

O segundo prazo (do mércores 20 ata luns 25 ás 20 horas): Abonados da tempada 2016/2017 que non tiñan reserva de localidade e poderán acceder aos asentos liberados do primeiro prazo.

Terceiro prazo (dende día 26): Aberto a tódolos afeccionados que queiran acceder aos asentos libres.

RESPOSTA: Si, no prazo para aboados sin localidade da pasada tempada (do 19 ao 25) pero con preferencia sobre novos aboados sobre as 2800 localidades bloqueadas. Esta tempada os aboados desempregados sí poderán facer a localidade reservada.

CONSULTA RECIBIDA POR MAIL:

"Lamentable o novo sistema....

Resulta que dende o día 11 só poden facerse con abono os novos ou aqueles que xa tiñan reserva. Os aboados do ano pasado resulta que non podemos facelo, perdendo a oportunidade de coller unha reserva prioritaria sobre os novos que si o poden facer."

 

RESPOSTA:

Os aboados da pasada tempada teñen 2.800 localidades reservadas para a súa renovación ou nova alta de localidade con asento. Os novos aboados so teñen acceso na fase inicial, aos fondos e a “esquinas” que non tiveron reservas nas últimas tempadas. Vostede como aboado terá prazo preferente dende o 19 ata o 25 para que colla as localidades que máis lle gustan e que queden liberadas polos aboados con reserva numerada da pasada tempada.

Entendemos que é complicado o cambio para un novo sistema e que o método sexa perfecto para tódolos casos, e pedimos desculpas a aqueles afeccionados que poidan sentirse prexudicados.

RESPOSTA: Si, é posible sempre que o aboado ao que lle presta o abono sexa da mesma categoría ou "inferior". Por exemplo: cun abono senior pode pasar un infantil ou un maior de 65, pero cun abono infantil non podería acceder un adulto. En porta os lectortes indicarán a categoría e os casos nos que o abono sexa mal utuilizado (por erro ou outro motivo), o sistema permite anular tarxetas ata a aclaración do casos.

RESPOSTA: O novo sistema permitirá vender entradas numeradas para as localidades que non teñan reserva polo que sí, será aconsellable ocupar cada un a súa localidade para evitar ter que cambiar si se presente unha persoa coa localidade numerada mercada en taquilla ou online.

RESPOSTA:  O feito de que os aboados teñan o seu asento reservado e numerado  non garante que vaia a ter unha localidade libre ao seu carón para o seu amigo. Esta tempada venderanse entradas numeradas para determinadas zonas e o seu acompañante pode mercala para a súa zona e estar o máis preto posible dentro do que permita a ocupación desa zona en particular. Outra opción será desprazarse a zonas sen numeración como os fondos para poder estar xuntos.

En caso de que o seu amigo merque unha entrada numerada para unha zona e sexa vostede o que abandone nese partido o seu asento de abono numerado para sentaerse con el, non tería problema sempre que a localidade que ocupe non sexa mercada por alguén en taquilla.

Este problema pode darse sobre todo nos partidos con maior afluencia como derbis ou play off.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información