Preparado para o derbi no Pazo?

Compartir con

Venres 20:45 horas, Cafés Candelas Breogán – Leyma Coruña

O sempre especial arume de derbi volve ao Pazo coa visita do Leyma Coruña de Tito Díaz. O Cafés Candelas tratará de facer esquecer os últimos compromisos ante os herculinos e dar un paso máis na súa loita por todo nesta liga mentres manteña , incluso, opción matemáticas de alcanzar ao líder.

Chega o Leyma con dúas derrotas máis que os celestes (o Breo cun partido menos) e na sexta praza buscando a mellor posición posible de cara aos play offs.

O equipo de Tito Díaz está cargado de xogadores de talento e moi físicos con  nomes como Monagham, Olmos, Rowley, Creus, Abia…

O partido dará comezo ás 20:45 horas no Pazo dos Deportes e as entradas venderanse en taquilla dende as 19:45 horas ao prezo habitual de 15€ senior, 10€ para estudantes ata 25 anos e persoas maiores de 65, e 5€ para os menores de 18 anos.

Preparado para o derbi no Pazo?

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información