Rauno Nurger, poderío interior para o Leite Río Breogán

Compartir con

Rauno Nurger, poderío interior para o Leite Río Breogán

O club chegou a un acordo co pivote estoniano procedente do Levitec Huesca

O Leite Río Breogán faise cos servizos dun dos mellores xogadores interiores da pasada LEB Oro.

O estoniano Rauno Nurger de 25 anos e 2,08 m. achegará a súa potencia física e intensidade ao equipo lucense.

Xogador con traxectoria NCAA en Wichita State, internacional absoluto coa selección do seu país, debutou como profesional a pasada tempada da man do Peñas Huesca sendo un dos xogadores destacados da pasada edición de LEB Oro promediando 13,3 puntos (61,2% T2., 78,4% TL.), 6,3 rebotes, 1 asistencia, 1 tapón e 1 mate por encontro en 26 minutos sobre a cancha.

Nurger é un xogador rápido e intenso, bo reboteador e finalizador con ambas as mans desde diversas posicións, e destaca pola súa intensidade e capacidade de correr a pista.

A súa lectura do xogo permítelle ser un reboteador solvente tanto en defensa como en ataque e buscar a intimidación en defensa.

O Leite Río Breogán faise cos servizos dun pivote versátil con gran proxección e que deu un excepcional rendemento no seu primeiro ano como profesional finalizando como sétimo máximo anotador, no top 12 de reboteadores e o oitavo en valoración global en LEB Oro.

Benvido ao Breo!

Traxectoria:

2011-2012 BC Tallinna Kalev (Formación)

2012-2013 Rapla KK (Formación)

2013-2018 Wichita State Shockers (NCAA)

2018-2019 Levitec Huesca (LEB Oro)

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información